O final da Lenda mudou

0
233

Eu son LendaFrancis Lawrence, director da vindeira película de ciéncia-ficción Eu son Lenda, revelou nunhas declaracións exclusivas que volveu rodar a parte final do seu filme recentemente e logo mudou o remate. “Non quero discutir realmente sobre o final, só porque non quero, eu quero que a xente saque conclusións de seu, pero se cadra haberá unha versión alternativa nalgún punto“, dixo Lawrence nunha entrevista após dunha rolda de prensa celebrada en Beverly Hills, Califórnia, a pasada semana.

Eu son Lenda, baseada na clásica novela de Richard Matheson do mesmo título, está protagonizada por Will Smith no papel do aparente derradeiro supervivinte dun holocausto vírico que deixou a New York baleira e abandoada. Lawrence mudou o remate do filme xusto antes da súa estrea, que se producirá en Galiza o día 19 deste mesmo mes.

Rodamos de novo algún material… pero non puidemos facelo até que non tivemos os efectos especiais rematados“, dixo Lawrence. “Dado que tes que agardar dalgún xeito a ter os efectos especiais, daquela podes amosarllo á xente, ver se tes algo raro, volver e facer pequenas modificacións“.

Lawrence dixo que tamén rodou de novo outros anacos do filme. “Rodamos outra vez pequenos anacos aquí e acolá“, desvelou. “Un anaquiño ao comezo, un anaco pequeno no médio, parte do final. Cousas distintas“.