Zegers fai-se gai para Mortal Instruments

791

Kevin Zegers ven de se unir ao reparto do do filme de Harald Zwart The Mortal Instruments: City of Bones para a Constantin Film.

Lily Collins interpreta a Clary Fray, unha rapaza que vive en New York e descubre que procede dunha família de cazadores de demos. Jamie Campbell Bower interpreta ao seu mozo, Jace.

Zegers fará de Alec Lightwood, o irmán gai de Isabelle (Jemima West), que está namorado de Jace pero non é correspondido e que polo tanto detesta a Clary.

Kevin Durand, Robert Maillet, Robert Sheehan, Lena Headey e Jared Harris son os outros protagonistas deste filme, un novo produto pensado para os adolescentes que conta cun guión de Jessica Postigo Paquette e I. Marlene King. A rodaxe escomezará o vindeiro 20 de agosto en Toronto.