McGrath podería dirixir Rentaghost

0
199

O director de animación Tom McGrath (responsábel da série de Madagascar e mais de Megamind) está en conversas para se encargar de RentaGhost, a comédia con acción real que protagonizará Ben Stiller para a 20th Century Fox.

A história, unha adaptación da série de televisión homónima de finais dos 70 e princípios do 80, vai sobre un home de 22 anos recéntemente falecido e que, decidido a ser mais produtivo na súa vida-despoois-da-morte, crea a empresa RentaGhost, adicada a alugar aos vivos os servizos de gules, pantasmas e outros espectros.

Thomas Lennon e Robert Ben Garant (Night at the Museum) están a escribir o guión. Kevin McCormick, Gail Berman, Lloyd Braun e Patrick Pidgeon serán os produtores.