Sommers achéga-se a Tarzán

0
225

Stephen SommersStephen Sommers está en negociacións para se encargar dunha nova versión cinematográfica do clásico heroe Tarzán para a Warner Brothers e mais o produtor Jerry Weintraub.

Sommers encargaría-se asemade de co-escribir o guión xunto a Stuart Beattie. Sommers dirixiu o recentemente rematado de rodar G.I. Joe para a Paramount, no que Beattie escribiu o guión.

A Warner e Weintraub levan tentando facer un remake de Tarzán dende 2003, cando John August foi contratado para escribir o guión deste intento de resucitar ao persoaxe creado por Edgar Rice Burroughs. Hai dous anos, os estudos tentaron sentar a Guillermo del Toro na cadeira de director.

Tarzán dos Monos, de Burroughs, foi escrito en 1912. No cinema, o home-mono levará por sempre a face do actor Johnny Weismuller, quen o interpretou nos anos 30 nunha longa série de filmes da Metro.