Rachel Nichols úne-se á xente das dez

1169

Rachel Nichols (Continuum, G.I. Joe: Rise of Cobra) está a negociar a súa participación no reparto de The Ten O’Clock People, o filme que adaptará á pantalla grande o relato homónimo de Stephen King baixo a dirección de Tom Holland.

A história vai sobre un home (Justin Long) que mentres tenta retirar-se da súa adición ao tabaco, decáta-se de que pode ver cos seus própios ollos unha realidade paralela na que moita xente que ten cargos de autoridade son en realidade monstros.

Nichols interpretaría a unha muller que tamén pode ver este terríbel aspecto da realidade. Nathaniel Kramer e E.J. Meyers son os produtores.