O terremoto de Abrams xa ten guionista

0
182

O guionista gañador dun Oscar Dustin Lance Black (Milk, J. Edgar) será o encargado de escribir o libreto de Earthquake, un filme épico sobre desastres que producirán conxuntamente a Universal Pictures e mais a Bad Robot.

Ainda que a Universal posúe os dereitos, este filme non será un remake do clásico de 1974 protagonizado por Charlton Heston co mesmo título. David Seltzer (The Omen) escribira un guión hai xa vários anos, pero o proxecto pasará agora por unha nova revisión daquel primitivo boceto.

J.J. Abrams e mais Bryan Burk serán os produtores. O proxecto, que tentará revivir o xénero de desastres que tan bós resultados deu nos anos 60 e 70, non debe confundir-se co outro filme sobre o mesmo tema que se está a preparar en Hollywood (San Andreas 3D) e que producirá a New Line.