Preparan unha precuela d’O Relostro

0
214

Segundo várias fontes, a Warner Bros. Pictures estaría a “explorar a posibilidade” de rodar unha precuela de The Shining (O Relostro), o clásico de Stanley Kubrick que adaptou ao cinema a non menos clásica novela de terror homónima de 1977 escrita por Stephen King.

A precuela centraría-se no que aconteceu antes de que Jack Torrance e mais a súa família chegasen ao hotel Overlook no filme orixinal.

A guionista de Shutter Island, Laeta Kalogridis, xunto cos seus parceiros Bradley Fischer e James Vanderbilt, producirían esta longametraxe, que polo de agora e a falla de calquera tipo de confirmación, foi definida por un voceiro da Warners coma “nunha etapa moi inicial e nin tan sequera en desenvolvemento formalmente“.