Unha série de TV para os Vingadores?

0
128

A división para a televisión da Marvel está a manter conversas coa ABC Studios coa ideia de facer unha série ambientada no mesmo universo cá recente fita de éxito mundial The Avengers.

Mália que os dous universos estarían vencellados e habería algún tipo de “temas e sensibilidade” comúns, a conexión sería moi lixeira, porque os persoaxes do megaéxito de Joss Whedon non aparecerán con case total probabilidade. No seu lugar, haberá superheroes dos cómics Marvel de segunda e terceira fila, menos coñecidos pero con posibilidades de ter unha longametraxe de seu no futuro.

O proxecto está en calquera caso aínda nunha fase moi inicial e segundo as fontes consultadas, “están-se a explorar diferentes escenários“.