Jon M. Chu (G.I. Joe: Retaliation) ven de escomezar a negociar a súa participación coma director dunha nova versión para o cinema do clásico xoguete da Mattel He-Man e da súa liña Masters Of The Universe para a Sony Pictures e a Escape Artists.
Os xoguetes e a non menos famosa série de televisión ían sobre He-Man, un príncipe que se transofmrna nun poderoso guerreiro e é a derradeira esperanza para un mundo máxico devastado polos sinistro Skeletor.
A franquía xa conta cunha adaptación prévia ao cinema en 1987 pola Cannon Films, na que o musculoso Dolph Lungdren fixo de He-Man e Frank Langella de Skeletor. O filme en si e mais a reinterpretación da série de debuxos animados fixo de He-Man unha nova icona gai ao longo dos anos.
Ainda que nos últimos tempos houbo moitos intentos por facer revivir a propriedade, só hai uns meses o proxecto acadou un novo pulo grazas a un guión orixinal de Alex Litvak e Mike Finch titulado Grayskull (nombergantes, ese título non será usado para o filme).
Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch serán os produtores. Polo de agora, Chu está a traballar na conversión ao formato 3D de G.I. Joe: Retaliation e a rodar algunhas esceas adicionais para ese filme, que ten prevista a estrea en marzo do ano que ven.