Xa é oficial: O Hobbit será unha triloxía

0
229

Após do adianto que ofrecimos hai uns días, xa podemos confirmar que oficialmente O Hobbit de Peter Jackson será unha triloxía. O mesmo director fíxo-o público mediante un comunicado na súa páxina de fans do Facebook, no que confirma que a Warners está de acordo cos plans de engadir novas escenas á rodaxe en Nova Celándia o ano que ven. Velaquí o seu comunicado:

Só ao remate dunha rodaxe tes a oportunidade de sentar e botar unha ollada ao filme que fixeches. Hai pouco Fran, Phil e mais eu fixemos iso cando miramos por primeira vez unha montaxe inicial da primeira película – e un bó anaco da segunda. Estamos realmente encantados co rumbo que tomou a história, en particular, a afouteza dos persoaxes e do reparto que os trouxo á vida. Todo o cal deu pé a unha sinxela pregunta: aproveitaremos esta oportunidade para contar mais da história? E a resposta dende a nosa perspectiva coma cineastas e coma fans foi un “si” sen reservas.

Sabemos canto ficará sen contar da história de Bilbo Bulseiro, o meigo Gandalf, os ananos de Erebor, a aparición do Necromante e mais da batalla de Dol Guldur se non aproveitamos esta oportunidade. A riqueza da história do Hobbit, así coma dalgo do material vencellado nos apéndices de O Señor dos Anéis, permíte-nos contar a história completa das aventuras de Bilbo Bulseiro e da parte que xogou na ás veces perigosa, pero sempre emocionante, história da Terra Média.

Así que sen mais dilación e no nome da New Line Cinema, a Warner Bros. Pictures, a Metro-Goldwyn-Mayer, a Wingnut Films, e do enteiro reparto e equipa dos filmes de O Hobbit, gostaría anunciar que os dous filmes serán tres.

Foi unha viaxe inesperada de feito, e nas verbas do mesmo profesor Tolkien, “un conto que medrou mentres se contaba”.

Por suposto isto sinifica un problema para o título: The Hobbit: An Unexpected Journey semella agora demasiado pechado para ser un primeiro filme. E The Hobbit: There and Back Again ía ser o título do segundo filme e agora semella mais indicado para o terceiro. O cal deixa no aire o título da película do médio, ou se cadra non.

Moi pouco despois desta declaración, moitos internatutas deron a coñecer que a emnpresa de rexistro de domínios de Internet MarkMonitor, que xa estivo vencellada á compra de nomes para as dúas películas anteriores, ven de rexistrar moitas outras posibilidades ao longo desta pasada fin de semana. E os novos nomes rexistrados son variacións de dous títulos: The Hobbit: The Desolation of Smaug e The Hobbit: Riddles in the Dark. Será algún deles o novo título da película do médio?