A quen vas chamar?

0
225

GhostbustersApós de vários intentos de confirmación por parte dun dos seus antigos protagonistas, a Columbia Pictures semella decidida a realizar unha nova entrega da súa franquía dos Cazapantasmas, para o cal veñen de contratar aos coprodutores executivos da The Office, Lee Eisenberg e Gene Stupnitsky, para que escriban o guión.

A intención é axuntar ao reparto orixinal do filme, que compuxeran Harold Ramis, Bill Murray, Dan Aykroyd e Ernie Hudson.

Os estudos non fixeron polo de agora ningún comentário sobre este desenvolvemento e continúan tan calados coma cando xurdiron os primeiros rumores sobre a nova entrega da série.

A referida parella de guionistas xa foran os autores do libreto de Year One, unha comédia que dirixiu Ramis, quen á súa vez e xunto a Aykroyd escribiu o guión das dúas películas dos Cazapantasmas.

O que se sabe é que non se tratará cos actores do reparto orixinal até que estea rematado o guión.