Craven anúncia a Chegada da Carraxe

1331

O creador das sagas de Pesadelo en Elm Street e Scream, o director Wes Craven, e mais o autor do cómic 30 Days of Night Steve Niles unirán as súas forzas nunha posíbel nova longametraxe que adaptará ao cinema a súa vindeira novela gráfica Coming Of Rage.

Craven creou e Niles escribiu a série de cómic de cinco números que aparecerá no mercado a primeiros do ano que ven. Polo de agora os detalles da história non se deron a coñecer, pero xa se sabe que haberá terror e sangue en abundáncia.

Arnold Rifkin e Sharad Devarajan están a desenvolver a longametraxe, pero non hai dispoñíbeis mais detalles.