Tomlach producirá o remake de Jumanji

0
212

O produtor de The Amazing Spider-Man Matt Tolmach será o encargado de facer a mesma laboura para o relanzamento de Jumanji, o filme no que a Sony Pictures está a poñer as súas esperanzas estes días.

A longametraxe de Joe Johnston de 1995, baseada nun libro de Chris Van Allsburg, ía sobre dous nenos que xogan cun antigo xogo de mesa máxico que ceiba a un home (Robin Williams) que estaba atrapado nun mundo fantástico, pero xunto a el fican ceibes asemade moitos perigosos animais que só poden ser detidos se alguén chega ao final do xogo.

Agárda-se que o novo filme actualice algunhas das premisas do antigo, adaptándo-as ao noso mundo contemporáneo (se cadra, Jumanji podería ser un videoxogo de rol). William Teitler, que produciu o filme orixinal, será tamén responsábel deste remake.