Drew Barrymore dirixe o seu Final

666

Drew Barrymore ven de pechar un acordo polo que pasará a ser a directora de The End, un filme dramático sobre a fin do mundo que producirá a Warner Bros. Pictures.

A longametraxe non será espectacular nin con grandes efectos especiais, senón que tentará enfocar-se nun pequeno feixe de xente e terá un tón humanista e íntimo mentres que estas persoas reconcílian o seu destino co do derradeiro día da Terra.

Entre os persoaxes haberá un veterán comentarista de rádio inglés, unha parella de adolescentes do médio oeste e un pai en Tóquio que tenta chegar canda a súa família cruzando a cidade. Aron Eli Coleite (Heroes, The River) escribiu o guión.