Denzel Washington nunha de CF

0
213

Denzel WashingtonO actor Denzel Washington protagonizará Book of Eli, un drama post-apocalíptico que dirixirán os irmáns Allen e Albert Hughes. Alcon Entertainment finanzará o filme e a Warner Brothers o distribuirá.

Washington interpretará a un heroe solitário nun futuro post-apocalíptico non moi distante que deberá loitar nunha travesía polos Estados Unidos para traer á sociedade o coñecemento que podería ser a clave da súa redención.

Gary Whitta escribiu o guión, e Anthony Peckham revisouno.

Joel Silver será o produtor xunto a Washington, Susan Downey e os cofundadores da Alcon Andrew Kosove e Broderick Johnson. A rodaxe escomezará en xa no mes de xaneiro.