Christopher Eccleston ven de se facer co papel de Malekith O Maldito, o vilán da vindeira secuela Thor: The Dark World na Marvel Studios.
O persoaxe é un superfalcatruán clásico do universo Marvel, líder dos Elfos Escuros de Svartalfheim e posúe habilidades máxicas coma a teleportación, proxección de enerxía, vóo e pode mudar de forma a vontade. A súa debilidade é o ferro, que cancela os seus poderes.
Eccleston fai-se co papel pasando por riba de Mads Mikkelsen (Casino Royale) que era o candidato orixinal para se facer co papel, pero tivo que renunciar por mor de problemas co seu calendário de rodaxe, xa que é membro do reparto da futura série da NBC Hannibal.
Veterán actor británico de cinema e teatro, Eccleston, de 48 anos, ten unha grande experiéncia interpretando viláns, e así entre outras películas xa fixo este papel en Shallow Grave, Elizabeth, Gone in 60 Seconds, The Others, 28 Days Later, G.I. Joe: The Rise of Cobra e eXistenZ, ou na televisión en séries coma Heroes, Clocking Off, Poirot, Cracker e The Shadow Line.
Nombergantes, para os fans a súa face sempre ficará vencellada ao papel da novena encarnación do Doutor Who na famosa série homónima da BBC.