Mentres estaba de xira de promoción pola súa nova série Web H+, o realizador Bryan Singer confirmou algúns dados xa rumoreados e outros detalles totalmente novos verbo da moi agardada secuela do seu filme X-Men: First Class.
Así, Singer revelou que o título do filme será Days Of Future Past, o que non é ningunha sorpresa, porque os rumores xa apuntaban que que este clásico cómic de 1981 sería a base do argumento da película. A Fox ademais xa mercara os nomes de domínio relacionados co devandito título.
A história orixinal nos cómics alterna entre o presente e unha liña temporal futura na que as Sentinelas governan os Estados Unidos e os mutantes viven encerrados en campos de concentración.
Xunto con esta ambiciosa história, Singer dixo que hai plans para conectar as diferentes películas ambientadas no universo Marvel, o que sinifica que probábelmente haberá crossovers entre persoaxes (coma Lobeto en First Class) ou se tratará con acontecementos vistos anteriormente nas tres películas da saga de X-Men e mais nos spin-offs con Lobeto.
O filme deberá comezar a se rodar a primeiros do ano que ven, e a data de estrea é o 18 de xullo de 2014.