Red Dawn volve a se promocionar

0
197

Hai uns meses xa tivemos ocasión de ver unha película protagonizada por Chris Hemsworth que tivera que agardar vários anos de atrasos antes de poder ser estreada (Cabin in the Woods), e seica por fin é hora de que chegue a outra.

A Open Road Films ven de distribuír dúas novas fotografías do vindeiro remake de Dan Bradley do clásico de culto dos anos 80 Red Dawn, o que constitúe o primeiro material promocional deste proxecto dende hai anos.

Hemsworth, Josh Hutcherson e mais Josh Peck aparecen nestas fotos preparándo-se para atacar aos soldados norcoreanos que invadiron América. A película rodou-se en 2009, pero após das protestas e ameazas dos chineses, tivo que ser retocada dixitalmente para facer que o exército invasor fose norcoreano en lugar de chinés.

Hutcherson explica os trocos realizados: “Orixinalmente ía ser chinés, e logo resultou que os chineses posúen a maioría das empresas que fan cinema e se cadra esta non era a millor ideia do mundo“.