O actor español Javier Bardem está xa definitivamente fóra mentres que Russell Crowe podería ser o seu sustituto para interpretar ao pistoleiro Roland Deschain na adaptación ao cinema e mais á televisión da épica série fantástica de Stephen King A Torre Escura.
O ambicioso proxecto, que chegou a incluír unha triloxía de filmes para o cinema e mais dúas tempadas de séries de televisión, veu-se abaixo en 2010 cando a Universal comezou a ter problemas financeiros e o orzamento se disparou. A Warner Bros. Pictures retomou o proxecto o pasado mes de marzo deste ano e contratou a Akiva Goldsman para facer unha revisión do guión da primeira longametraxe, todo baixo a supervisión de Ron Howard e Brian Grazer.
O guión de Goldsman está xa case rematado, e unha vez que o presente, os estudos evaluarán a posibilidade de continuar adiante ou non.