Os Gardiáns e Warcraft teñen novos guionistas

0
211

A Marvel Studios ven de contratar a Chris McCoy para que reescriba o guión da longametraxe Guardians of the Galaxy, que ten prevista a estrea para o mes de agosto de 2014.

Star-Lord, Gamora, Drax o Destrutor, Groot e mais Rocket Racoon serán a equipa de superheroes intergalácticos que protagonice este filme. O guionista McCoy foi incluído xa tres veces na Lista Negra e sustitúe no posto a Nicole Perlman.

Por outra banda, o guionista de The Seventh Son e K-Pax, Charles Leavitt, ven de se converter no novo encargado de escribir o libreto de World of Warcraft, a adaptación ao cinema do popular videoxogo que está a producir a Legendary Entertainment.

Ainda que Sam Raimi abandonou o proxecto coma director, Leavitt ten a esperanza de que o seu novo guión sexa o derradeiro e poida convencer ao novo realizador de continuar adiante nos vindeiros meses.