A Alcon Entertainment está en conversas para se facer cos dereitos para o cinema de Icons: The Book of Sorrow, a novela para adolescentes da escritora Margaret Stohl.
A novela ainda non fixo o seu debut no mercado literário (agárda-se que apareza nos andéis das librarías para a primavera de 2013) e planea ser unha série de entre catro e cinco tomos ambientados nunha futura Terra após dunha apocalíptica invasión alieníxena.
Os áliens converteron aos edifícios en iconas letais, capaces de acabar con todas as formas de enerxía e reducir as cousas vivas a pó en segundos. A única esperanza está depositada en catro nenos que naceron inmunes ao poder.
A Alcon está xa a adaptar a outra saga de novelas para adolescentes de Margaret Stohl, o drama sobrenatural Beautiful Creatures, que se estreará nas salas de cinema o ano que ven.