Lucas Till (Havok en X-Men: First Class) está a negociar a súa participación no reparto de Wolves, o filme de David Hayter que suporá o seu debut coma director.
Till interpretará a un rapazolo que se transforma nun lobishome e é falsamente acusado de matar aos seus pais. O rapaz fuxe e chega a unha vila chamada Lupine Ridge que ten unha história de acontecementos sobrenaturais e garda as claves do segredo do seu pasado.
Steve Hoban (Ginger Snaps) será o produtor e a rodaxe escoimezará xa o mes que ven en Toronto (Canadá).