Spore: crea o teu universo

832

O creador de persoaxes en SporeWill Wright, o creador de videoxogos coma Sim City e Os Sims, volve con Spore, un título no que crear civilizacións desde o seu estado de bactéria e levá-las á carreira espacial en toda unha galáxia repleta de sistemas solares por explorar. Unha vez mais, o conteúdo creado polo usuário é a clave.

O ideólogo de videoxogos de culto -e éxitos comerciais- queria ir mais aló na sua nova creación. A idea naceu nada menos que da ecuación de Drake, unha fórmula ideada polo actual presidente do instituto americano para a procura de intelixéncia extraterrestre: o SETI (Search for ExtraTerrestrial Intelligence). A ecuación de Drake busca calcular o número de civilizacións susceptíbeis de posuir emisóns de rádio detectábeis na Via Láctea. Por suposto, parte da base de que os millóns de estrelas da nosa galáxia teñen á sua vez millóns de planeta, existindo nalgún, ou moitos, vida intelixente.

Asi pois, esta case inabarcabel idea é “o final” de Spore, xa que o princípio e núcleo do videoxogo é outro: as leis de Darwin da evolución. Non en van, un das principais obras nas que se inspirou Wright para Spore é 2001, unha odiseia no espazo, con homenaxe en forma de BSO do filme nun momento pontual do xogo incluído. O videoxogo para ordenadores -e dentro de pouco tamén en Nintendo DS- comeza coa fase de “espora” -de aí o título do xogo- e pasa pola de “creatura”, “tribal”, “civilización” e “espacial”.

A princípios de verán, a Electronic Arts, editora do xogo, lanzou o editor de creaturas de Spore, co obxectivo de igualar o récord de 100.000 creacións de Os Sims nunha semana; e superou-se en 22 horas. Á sua vez, planteou-se chegar ao millón antes do fin de 2008 e conseguiu-se nunha semana.

Actualmente existen mais de 3.000.000 de espécies para Spore, que están a ser usadas pola compañía para povoar os centos de mundos explorábeis nos decenas de sistemas solares que compoñen o xogo.

Asi, Spore inovará como poucos á hora de oferecer ao usuário o controlo total non dunha civilización dunha espécie, se non calquera espécie e calquera história, tantas como queiran imaxinar os seus usuários. Ademais, a esta increibel orixinalidade e duración inabarcabel somarán-se os elementos necesários dun videoxogo “de xestión” que Wright xa implementó nas suas anteriores creacións: alimentos, ocupación, creación de veículos, decoración…

Spore chegará aos ordenadores españois o próximo 5 de outubro cunha calificación para maiores de 12 anos, segundo o código PEGI. As versións para Mac e Nintendo DS están previstas para 2008 ainda que sen data concreta.