Segundo vários médios que se fixeron eco do rumor, a Fox e mais a Marvel Studios poderían facer concesións mútuas sobre os seus dereitos cinematográficos sobre vários persoaxes clave do universo Marvel.
Baixo este acordo, a Fox podería manter os seus actuais dereitos sobre os persoaxes da Marvel que posúe sempre e cando continúe a facer filmes sobre eles, e de non face-lo, os dereitos revertirían á Marvel e á súa nova dona, a Disney. A Fox posúe na actualidade os dereitos para o cinema sobre a Patrulla X, os Catro Fantásticos e mais Daredevil. Para os dous últimos xa están a desenvolver novas películas de relanzamento.
O mes pasado o director até daquela vencellado ao relanzamento de Daredevil, David Slade, abandonou o proxecto e xurdiron novas de que Joe Carnham (The Grey, The A-Team) podería ser o seu sustituto. Polo de agora sábe-se que Carnahan deixou abraiado aos executivos da Fox cun guión para a nova versión de Daredevil, que sería mais próxima ao persoaxe de Frank Miller e aos thrillers dos anos 70.
Nombergantes, os dereitos sobre a franquía de Daredevil están por caducar en outubro e non hai ningunha posibilidade de que os estudos poidan estrear unha película antes desa data. Así pois, e segundo as fontes mencionadas enriba, os estudos están a negociar coa Marvel a posibilidade de ampliar o prazo de vencemento e deste xeito asegurar-se que terán tempo para facer o filme de relanzamento.
E a Marvel pola súa banda estará a considerar esa opción sempre e cando a Fox lles permita utilizar a dous persoaxes do universo dos Catro Fantásticos, Galactus e Silver Surfer, que están no poder da Fox pero que a Marcel/Disney quere utilizar para os seus seguints filmes.
Nombergantes, outra fonte desmentiu estes mesmos rumores e afirmou que as conversas están tan só dirixidas á refinanciación do pagamento sobre os dereitos sobre Daredevil, e que de non se chegar a un acordo, a Fox renunciaría ao relanzamento.