O experimento de Peter Jackson con The Hobbit en 48 cadros por segundo (fps) será finalmente mais pequeno do que inicialmente se previu.
A Warner Bros. Pictures vai permitir a exhibición desta versión en súper alta definición de The Hobbit: An Unexpected Journey en localidades previamente seleccionadas, e probábelmente iso non inclúa nin sequera ás cidades mais importantes.
Segundo fontes dos estudos, a fita en 48fps finalmente ten moita millor calidade cá primeira versión que fora tan mal recibida polo público o pasado mes de abril na CinemaCon.
Ainda así a Warners non-as ten todas consigo e queren exhibir a versión en alta definición perante audiéncias limitadas, para probar o entusiasmo e a reacción perante a longametraxe. De ir todo ben, as seguintes dúas entregas terían xa versións en 48fps dende o princípio e cunha audiéncia mais ampla.
Polo de agora o principal probleme é que non existen salas de cinema preparadas para proxectar filmes en HFR (High Frame Rate), se ben a maioría tan só precisaría unha actualización do seu software para poder adaptar-se, e este software estará xa listo en setembro. O que non veremos ningures é unha versión 48 fps e en 3D, xa que non existe ningunha equipa de proxección no mundo capaz de suportar tantos dados polo de agora.