O presidente da Disney, Bob Iger, ven de confirmar que Joss Whedon non só escribirá o guión e dirixirá a secuela de The Avengers senón que desenvolverá unha série de televisión con acción real e con temática da Marvel para a canle ABC, tal e coma adiantáramos hai un par de semanas.
Nun comunicado oficial, Iger dixo: “Joss Whedon asinou un acordo exclusivo coa Marvel Studios para o cinema e a televisión até finais de xuño de 2015. Coma parte dese acordo, Whedon escribirá e dirixirá o filme da Marvel The Avengers 2 e asemade axudará a desenvolver unha nova série de televisión con acción real para a Marvel Television na canle ABC. Adema’ais contribuirá creativamente á seguinte fase do universo Marvel no cinema“.
Polo de agora non hai mais detalles sobre como será ese programa de televisión da Marvel TV creado por Whedon. En calquera caso e sexa o que sexa, non terá relación coa série da ABC que está a desenvolver Guillermo del Toro.
O primeiro filme de The Avengers leva xa recadados mais de 1.500 millóns de dólares en todo o mundo. A secuela estreará-se en maio de 2015.