Dennis Gansel terá unha noite de terror

0
194

O cineasta alemán Dennis Gansel (Wir sind die Nacht, Die Vierte Macht) está a negociar a súa participación coma director no proxecto de thriller sobrenatural Grim Night na Universal Pictures.

Brandon Bestenheider e Allen Bey escribiron o guión, que vai sobre a premisa de que unha noite cada ano, unhas creaturas estrañas aparecen nalgún lugar aleatório do planeta e matan a miles de persoas, sen que ninguén saiba por que.

A história céntra-se nunha família nunha pequena vila americana que é atacada e deberá tentar defender-se.