Ben Affleck dirixindo á Liga da Xustiza?

0
235

Podería Ben Affleck dirixir o filme da Liga da Xustiza para a Warner Bros. Pictures? Se cadra non, pero a nova apareceu hai unhas horas na prestixiosa revista Variety e decontado as reaccións de pánico dos fans non se fixeron agardar.

Así, Variety informou que a Warners tiña esperanzas de se sentar a negociar con Affleck dentro duns días para lle ofrecer a posibilidade de dirixir o proxecto de filme da Liga da Xustiza, que reunirá nunha soa película aos mais importantes superheroes da DC Comics. De feito, a revista informa que Affleck é a única persoa polo de agora que puido lér o guión de Will Beall.

Affleck é un neno mimado dentro da Warners. A súa carreira coma actor conta con fans e con detractores, se ben estes últimos son a grande maioría, pero o seu traballo coma director dende que dirixiu Gone Baby Gone en 2007 conta coa apoio da crítica e na Warners te~nen postas as esperanzas no seu vindeiro traballo, Argo, que se estreará en outono e xa está a soas coma favorito para os Oscars.

O mesmo Affleck estivo vencellado a moitos outros proxectos ultimamente, coma unha adaptación de The Stand de Stephen King e o remake americano de Ne le dis à personne de Guillaume Canet.

Tan só unhas horas despois de aparecer a nova na mencionada revista, os representantes do actor, guionista e director declararon que se recebira ese ofrecemento, Affleck diría que non quere facer o traballo, pero que de todos os xeitos participará na xuntanza cos executivos.