Os plans de Alex Proyas para Drácula

0
210

Alex ProyasNon hai dúbida de que os filmes que tentan contar-nos as orixes de diversos persoaxes están de moda, e se falamos de superheroes ainda máis. Nunha recente entrevista a cuxo contido puido ter acceso en exclusiva NOVA FANTASIA, o director Alex Proyas concedeu-nos uns minutos para falar sobre os seus plans para Dracula Year Zero, e a verba que máis saiu da súa boca foi “realismo“. Proyas dixo que o filme será “desa caste de filmes que narran a orixe misturando ao Príncipe Vlad de Transilvánia histórico co persoaxe fictício creado por Bram Stoker“.

Proyas planea tratar da mitoloxía do famoso conde, pero sen descuidar a parte fantástica e terrorífica: “Oh, ides ter dentes afiados, seguro, os dentes son moi importantes. Coido que Frank Langella no filme de Drácula que fixo nos anos 70, coido que el non quixo meter dentes no filme. Pero eu non, a min góstanme os dentes. Quero ver rapazas e moitos dentes afiados… e moito, moito sangue“.

Matt Sazama e Burk Sharpless xa foron contratados para escribir o guión para a Univeral, que á súa vez agarda este proxecto para face-lo aparecer xunto aos seus outros filmes de monstros que preparan (O Lobishome e máis a Múmia). En calquera caso, os fans non teñen moi claro se queren ver unha versión histórica de Vlad o Empalador ou outra versión edulcorada coma a decepcionante de Coppola en 1992.

Dracula Year Zero ten prevista a súa estrea nas salas de cinema en 2009.