A Sony confirma a longametraxe de ALF

0
150

Tal e coma adiantou NOVA FANTASIA en maio, a Sony Pictures Animation ven de pechar un acordo polo que se fai cos dereitos para o cinema sobre a clásica série dos anos 80 ALF, para poder converte-la nunha longametraxe tal e coma fixeron co seu recente éxito The Smurfs, combinando gráficos xerados por computador con actores reais.

A série de finais dos 80 ía sobre un amigábel, peludo e ocurrente extra-terrestre do planeta Melmac que vivía na casa dunha família normal. A sarcástica creatura (que era un monicreque no plató de rodaxe) debía enfrontar-se ao seu maior problema: as forzas do governo que queren captura-lo.

Jordan Kerner (The Smurfs, Inspector Gadget) será o produtor xunto aos creadores da série orixinal, Tom Patchett e Paul Fusco. Fusco, que era quen lle poñía a voz ao persoaxe, será con case total probabilidade quen repita este traballo na película.

Polo de agora non hai director nin guionista vencellado ao proxecto.