Renner insatisfeito con Ollo de Falcón

0
256

Ainda que todo o mundo semella mais ca feliz co resultado do megaéxito da Marvel The Avengers, seica hai alguén que non está totalmente satisfeito: Jeremy Renner.

Mentres facía unha xira de promoción para o filme The Bourne Legacy, o actor contou a súa frustración polo pouco espazo que lle deixaron a Ollo de Falcón (Hawkeye), o seu persoaxe nos Vingadores.

Hawkeye é de feito o persoaxe dos Vingadores con menos liñas de texto e o que menos aparece na pantalla; ademáis pasou a maior parte do filme posuído polo supervilán e non tivo tempo de ser quen é realmente.

Ao final, o 90% da película, non son o persoaxe que asinei para interpretar. Estou literalmente aí dous minutos, e logo de súpeto… o único que puiden traballar foi na parte física, porque iso non cambiou. Ese foi só o grande desafío que superar para interpretar ao tipo. Ademais, estamos a presentar a un novo superheroe nunha película onde hai mil superheroes.

Así que non hai tempo para o trasfondo ou para entender quen é realmente Clint Barton, ou Ollo de Falcón, e se traballa para a SHIELD ou non. Hai moitas preguntas sen resposta, mesmo para min. E eu estou de acordo con iso. Alomenos estiven no filme. E estou contento por iso“.

Sobre a posibilidade de facer unha película sobre o persoaxe na que este sexa o único protagonista, Renner dixo “Coido que sempre hai posibilidades de calquera cousa no universo Marvel. Ten que haber un desexo da xente de ver algo coma iso. Non sei se o hai. Se cadra si, se cadra non“.