Hansel e Gretel para maiores

916

Un filme que está a pasar por algúns problemas de produción ven de se converter de súpeto nalgo moito mais interesante do que semellaba nun princípio. A Paramount fixo probas de pantalla exhibindo dúas versións do seu vindeira aventura fantástica en 3D Hansel and Gretel: Witch Hunters, protagonizado por Jeremy Renner e Gemma Arterton.

E os espectadores que puideron ver as dúas versións din que a que é para maiores de 18 anos (calificada cun “R” nos Estados Unidos) era moi gráfica e explícita no seu humor e dende logo moito mais interesante cá outra versión para maiores de 13 anos.

Pois ben após destas probas, seica a Paramount decediu-se definitivamente a lanzar Hansel & Gretel: Witch Hunters coma filme para maiores de 18 anos, dado que os espectadores preferiron masivamente a versión mais gráfica.

En todo caso, o filme non está previsto para se estrear até o 11 de xaneiro de 2013.