Nova versión do Horror de Amityville

0
174

A Evergreen Media Group está a tentar facer outra nova versión para o cinema do clásico filme de terror The Amityville Horror, que polode agora conta xa con dúas versións, unha de 1979 e outra de 2005.

A famosa casa foi testemuña de como Ronald DeFeo, Jr. asasinou a seis membros da súa família en 1974, e cando un ano despois os novos inquilinos chegaron para habita-la, afirmaron que estaba enmeigada polos espíritos dos mortos, tendo que abandoar o seu fogar menos dun mes despois.

O caso foi levado a unha novela en 1977 que escribiu Jay Anson, e na que afirmou que os feitos paranormais eran totalmente certos. A nova versión da Evergreen estará baseada nas experiéncias de dous xornalistas,, que investigaron os supostos incidentes en Long Island para a canle de televisión de New York WNEW.

DiDio e Scott tomaron parte nunha sesión de espiritismo en 1976 e afirman que as pantasmas apareceron no decurso da devandita sesión máxica.

A Evergreen afirma que se fixo cos dereitos sobre un suposto “material indédito” atopado casualmente  e rodado no decurso da sesión de espiritismo. O filme non amosará aos inquilinos (a família Lutz, que abandonou a casa) por suposto problemas de dereitos de imaxe.

Este filme non é o mesmo cá Dimension Films está a desenvolver e que ten un título semellante: The Amityville Horror: The Lost Tapes.