Chega o tráiler do videoxogo de Star Trek

0
231

A Namco Bandai Games e mais a Paramount Pictures veñen de lanzar un novo tráiler para o seu vindeiro videoxogo baseado na franquía de filmes de Star Trek de J.J. Abrams, e que presenta aos Gorn coma os viláns. Segundo a compañía, a aparición nas tendas deste novo xogo será nalgún intre durante o primeiro trimestre de 2013.

O videoxogo mistura o sistema de xogo de Dead Space co deseño gráfico de Mass Effect e mais a fasquía de Star Wars: The Force Unleashed. Tráta-se dun shooter (arcade de disparos) en primeira persoa e conta cun guión de Marianne Krawczyk (God of War) e de Bob Orci, Alex Kurtzman e do ultimamente denostado Damon Lindelof.