O actor austríaco Christoph Waltz (The Green Hornet, Inglourious Basterds) será o protagonista do vindeiro proxecto de Terry Gilliam, a longametraxe The Zero Theorem.
Pat Rushin escribiu o guión deste filme, ambientado nun mundo orwelliano governado polas grandes corporacións e por unha misteriosa figura chamada Management (A administración). Waltz interpreta o papel dun excéntrico e reclusivo xénio dos computadores asoballado pola angústia existencial que traballa nun misterioso proxecto dirixido a descubrir dunha vez por todas o propósito da existéncia.
Outros persoaxes deste mundo serán un “exhuberantemente luxurioso pretendente” con sexo virtual na cabeza, e mais o rebelde neno prodíxio fillo do Management. En todo caso, lanzar-se a unha viaxe ás dimensións ocultas da própria alma soa moi típico do cinema de Gilliam.
A rodaxe escomezará en Románia a finais de outubro coa produción de Dean Zanuck. O filme será o primeiro traballo de Waltz após de rematar recentemente Django Unchained baixo as ordes de Quentin Tarantino.