O novo Lobeto non é unha secuela

0
219

Toda a equipa vencellada á rodaxe da vindeira longametraxe de James Mangold, o filme The Wolverine, está a tentar marcar distáncias entre a nova película e mais a anterior entrega desta série, X-Men Origins: Wolverine, que recebiu opinións pouco favorábeis da crítica en 2009, e mesmo o seu protagonista Hugh Jackman ven de dicir directamente que esta non será unha secuela.

Non queremos chama-la Wolverine 2 a mantenta porque queremos situa-la e senti-la coma unha longametraxe independente, cun reparto totalmente novo e ambientada en Xapón, vai dar-nos unha estética visual completamente distinta“, dixo Jackman.

Ambientada en Xapón pero en realidade rodada en Austrália, a fita levará de volta a Logan (Lobeto) ao seu estatus de heroe solitário que tivo no primeiro filme da Patrulla X. E iso sinifica que non se agarda ver a ningún outro mutante na pantalla.

A aproximación ao persoaxe sinifica que [o filme] non vai estar sobrecargado de mutantes e equipas e cousas diso, así que estará mais baseada no persoaxe. Coido que de moitos xeitos vai semellar un filme dos X-Men totalmente diferente“, engadiu Jackman.