Joe Kubert, o artista pioneiro dos cómics especialmente relembrado polos fans por crear ao Sgt. Rock para a DC Comics, morreu o pasado domingo aos 85 anos por mor dun mieloma múltiple, segundo informou a Kubert School en Dover, New Jersey, que el mesmo fundou en 1976 para adestrar e aprender a novos ilustradores e artistas.
Kubert co-creou ao Sarxento Frank Rock, un heroe da Segunda Guerra Mundial cunha puntería case perfecta, unha incríbel habilidade para sobrevivir aos perigos da guerra e que lideraba aos seus compañeiros con responsabilidade e valor. Kubert ademais creou a Tor, un forxudo heroe da idade de pedra, e lle deu novos azos a Hawkman, o clásico heroe-falcón da DC creado polo guionista Gardner Fox e mais o debuxante Dennis Neville en 1940.
Kubert acadou sona grazas aos seus cómics bélicos e aos debuxos expresionistas de homes hipermusculosos desenvolvendo accións heroicas: “Contou históricas, debuxou histórias onde podíascheirar o suor, sentir o medo deses tipos mentres experimentaban a guerra“, dixo Pete Carlsson, o director artístico de Tell-A-Graphics, unha empresa fundada por Kubert.
Kubert naceu en Polónia en 1926 pero chegou aos Estados Unidos cando aínda era un bebé e medrou en Brooklyn. Comezou a traballar nos cómics de adolescente e publicou a sua primeira obra coa DC Comics nos anos 40.
Coñecido por traballar sete días á semana sen descanso nin vacacións, algunhas das súas obras aínda están por se publicar, coma a minisérie Before Watchmen: Nite Owl que debuxou xunto ao seu fillo Andy.