A Warner Bros e mais a WWE Studios van unir as súas forzas para coproducir unha longametraxe de debuxos animados baseada na franquía de Scooby-Doo.
Coa participación da World Wrestling Entertainment, Inc, o mistério central do filme presentará a todo o grupo de cazapantasmas asistindo á WrestleMania. Cando apareza unha misteriosa pantasma-oso e ameace con arruinar o espectáculo, o grupo deberá traballar xunto ás estrelas da WWE para resolver o caso.
Os principais actores da WWE, coma Triple H, John Cena, Kane, The Miz, Brodus Clay, Santino Marella, Sin Care, A.J. Lee e Vince McMahon participarán no filme prestando as súas voces aos persoaxes que os representen nos debuxos animados deste filme.
A Warner Bros Home Entertainment ten previsto distribuir a película directamente para o mercado de vídeo.