O filme de Walking Dead deberá agardar anos

0
181

Cada vez que unha série da televisión ten éxito, os rumores sobre a súa adaptación á pantalla grande comezan a xurdir tarde ou cedo. E hoxe esa dubidosa honra tocou-lle á série mais popular de zombis do momento: The Walking Dead da canle AMC.

Así, diversos médios informan que fontes internas da equipa da série e da canle confirmaron que xa hai rumores moi sérios sobre facer unha longametraxe, que sería esencialmente ao remate espectacular da série. Claro que en pleno apoxeo do programa aínda non é intre de pensar no seu remate, e así un voceiro dixo que “non hai ren nin aproximadamente preto de ser oficial e non se agarda que haxa conversas de verdade até dentro de vários anos“.

No pasado houbo xa várias séries de televisión que remataron cunha longamatraxe, pero só unhas poucas acadaron tal honra, coma aconteceu con Expediente X, mentres ca outros coma Lost non puideron chegar nunca ao cinema.