Daredevil regresa á Marvel

0
219

Seica Daredevil está moi preto de regresar finalmente a poder da Marvel Studios. Os dereitos sobre o persoaxe para o cinema, en poder da 20th Century Fox dende 1997, van caducar esta mesma semana.

A Fox mantivera durante un tempo a intención de desenvolver unha nova película que adaptara ao célebre superheroe á pantalla grande, con David Slade vencellado ao proxecto coma director, pero finalmente este decediu-se por outro traballo, na série da NBC Hannibal.

Apurados pola caducidade da franquía, a Fox ideou un filme próximo ao cinema negro cun guión de Joe Carnahan baseado no clásico cómic Born Again de Frank Miller, pero xa era demasiado tarde e os prazos botáron-se enriba.

Carnahan enviou onte un tweet decindo: “Coido que a miña ideia cun certo superheroe retro, vestido de vermello e co estilo Serpico converteu-se en fume hoxe rapaces. Xa veremos. O tempo non está de parte de ninguén“.

Agora que os dereitos regresan á Marvel, calquera filme baseado en Daredevil sería producido pola Disney e deste xeito evitará o clásico tón sinistro dos cómics.