Espatrek 2008 en Terrassa

0
207

O Sr. SpockA vindeira edición da Espatrek cruzará o río Ebro por primeira vez na súa história e celebrará-se en Cataluña, concretamente na vila de Terrassa os días 24, 25 e 26 de outubro de 2008. O proxecto presentado para Terrassa garante un Congreso de Star Trek tradicional e fiel ao gusto amosado pola maioría dos afeccionados a Star Trek ao longo das súas 10 edicións anteriores.

A organización comunicou que está moi contenta con esta decisión porque nunca se fixera antes unha Espatrek en Cataluña, mália ser ún dos lugares onde máis trekkis hai en España. Deste xeito, e por segundo ano consecutivo, tentará-se primar a asisténcia e o achegamento da Convención ao maior número posíbel de interesados.

Dende a organización da Espatrek, formada este ano por T de Trekkis e mais o Clube Star Trek Sureste, aníma-se coma outros anos a todos os clubes españois a participar activamente no que xa é o congreso de referéncia de Star Trek en España. A Paramount Pictures, distribuidora das películas en España, prestou a súa colaboración nas últimas edicións.

Así pois, e tan só un par de meses antes da estrea da nova película de Star Trek, os fans españois e portugueses (quen tamén adoitan asistir á convención española) da popular saga de ciéncia-ficción axuntarán-se no Hotel Don Cándido de Terrassa para celebrar a sua undécima convención anual.

O congreso celébra-se sempre nunha fin de semana (venres, sábado e domingo) e todas as actividades desenvólven-se no interior do hotel, onde se hospedan os asistentes procedentes doutras localidades.