Avengers 2 chegará en maio de 2015

0
176

A Walt Disney Studios ven de confirmar o 1 de maio de 2015 coma data de estrea da moi agardada secuela do éxito deste ano nos despachos de billetes e terceiro filme con mais recadación de todos os tempos: The Avengers.

Tal e coma adiantamos a semana pasada, Joss Whedon regresará para escribir o guión e dirixir o filme, que encabeza a “fase 2” da estratéxia de estrea de filmes de superheroes da Marvel: Iron Man 3 o 3 de maio de 2013, Thor: The Dark World o 8 de novembro de 2013, Captain America: The Winter Soldier o 4 de abril de 2014, e Guardians of the Galaxy o 1 de agosto de 2014.

Polo de agora o único que non ten data confirmada é o Ant-Man de Edgar Wright. E mentres tanto, The Avengers continúa facendo caixa e xa leva recadados mais de 1.400 millóns de dólares en todo o mundo.