Ciaran Hinds úne-se a Xogo de Tronos

0
177

Ainda que xa interpretou a Xúlio César na série de televisión Rome, Ciaran Hinds regresará á pequena pantalla convertido nun rei, esta vez algo distinto: o Rei Alén do Muro.

Hinds ven de se unir ao reparto da terceira tempada da série Xogo de Tronos, actualmente en produción, e interpretará o papel do antigo Vixiante da Noite reconvertido en líder dos salvaxes habitantes do Norde, Mance Rayder.

Rayder é un persoaxe referenciado várias veces durante as dúas primeiras tempadas da série, xa que é o unificador das distintas tribos que habitan no afastado norde, converténdo-as nun xigantesco exército que xa está a facer plans para atacar o Muro.

A rodaxe da terceira tempada está en marcha estes días en diferentes localizacións de Irlanda, Croácia, Islándia e Marrocos.