Chernin abrirá a Caixa de Houdini

0
149

A Chernin Entertainment (Rise of the Planet of the Apes, Terra Nova) ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela The Houdini Box, escrita en 1991 por Brian Selznick.

A história vai sobre un rapaz que tenta sen éxito reproducir os trucos máxicos de Harry Houdini, até que un día atópa-se co seu ídolo nunha estación de tren e lle roga a Houdini que lle explique como os fai.

Mais adiante recebirá unha carta na que se lle convida a ir á de Houdini, xusto no día que o mago morre, deixando unha misteriosa caixa pechada con chave para o rapaz.

Selznick é asemade o autor de The Invention of Hugo Cabret, que foi adaptada ao cinema por Martin Scorsese no filme Hugo.