Estará Jim Carrey en Kick-Ass 2?

0
214

A segunda parte da comédia de superheroes da Warner Kick-Ass podería chegar da man dun nome importante que se uniría ao reparto xa confirmado, o de Jim Carrey.

A Warner Bros está desexando incorporar a Carrey ao elenco de actores do filme, para que interprete o papel do Coronel Stars, un dos membros fundadores de Justice Forever, un grupo de loitadores contra o crime no que el está encargado do recrutamento.

Polo de agora non hai ningún acordo pechado, senón unha mera oferta inicial que podería chegar a bó porto porque Carrey é un fan recoñecido da primeira parte. Carrey leva xa vários anos sen aparecer demasiado polas carteleiras, e de feito non fixo ningún filme dende a comédia familiar Mr. Popper’s Penguins en 2011. Antes diso o seu papel mais salientábel fora o do señor Scrooge en A Christmas Carol. Se a Universal puxera un bó contrato sobre a mesa, esta podería ser unha grande oportunidade para que Carrey regresase ao primeiro plano.

Dirixida por Jeff Wadlow (o director da primeira entrega Matthew Vaughn será o produtor) e protagonizada por Aaron Johnson, Chloe Moretz, Christopher Mintz-Plasse e John Leguizamo, Kick-Ass 2 ten prevista a súa estrea o 19 de xullo de 2013.