Bloodstrike, os supersoldados vampiro

0
201

Rob Liefeld ven de chegar a un acordo co selo de Adi Shankar 1984 Private Defense Contractors para converter o seu cómic Bloodstrike nunha longametraxe. O cómic vai sobre unha unidade militar “Bloodstrike”, consistente nunha equipa de supersoldados do exército americano aos que lles forneceron con sangue de vampiro, o que lles fai ser unha forza de elite temida por todos os seus inimigos.

Shankar e Liefeld producirán o filme xunto á manager de Liefeld, Brooklyn Weaver (The Number 23). A ideia é que Bloodstrike poida converter-se nunha nova franquía de filmes.

Liefeld axudou a fundar a Image Comics en 1992 e lanzou Bloodstrike en 1993, vendendo mais de 30 millóns de cópias dende aquela. A série durou 22 números.

Bloodstrike é un grupo de elite no que todos os seus membros xa morreron antes de formar parte da equipa e foron resucitados grazas ao proxecto secreto do governo “Born Again”. O persoaxe principal e líder do grupo era Cabbot Stone, e outros membros foron Fourplay, o ex-vilán Deadlock, Shogun e mais o enigmático Tag.