A MRC decidida a escalar a Torre Escura

0
229

A Media Rights Capital (MRC) está a manter sérias conversas para se facer cos dereitos para levar ao cinema The Dark Tower após de que a Warner Bros declinara esta mesma semana facer as tres películas e mais as dúas tempadas de série de televisión que estaban previstas. Modi Wiczyk, da MRC, é un grande fan das novelas de Stephen King e a compañía está desexando capitalizar o seu momento positivo após de que o seu recente filme Ted dirixido por Seth MacFarlane e protagonizado por Mark Wahlberg fose un éxito este verán.

O seguinte filme da MRC vai ser Elysium, dirixido por Neill Blomkamp e protagonizado por Matt Damon, e seica nestes intres contan cos cartos para respaldar un proxecto tan ambicioso coma The Dark Tower, que na súa derradeira etapa contaba coa dirección de Ron Howard e a participación coma protagonista de Russell Crowe no papel do pistoleiro Roland Deschain. Akiva Goldsman adaptara o primeiro tomo da saga de sete libros e ía ser o produtor xunto a Brian Grazer e Stephen King.

Tan só unhas horas antes de que se coñecese o interese da MRC, a Warner Bros decedira finalmente non lle dar a luz verde á Torre Escura, un estraño movemento pola súa parte despois de que o remate das sagas de Harry Potter e Batman deixara aos estudos sen unha franquía de referéncia.

Segundo o mesmo Stephen King, “para min [a saga da Torre Escura] é coma ouro no chan esperando que alguén o recolla. Precisas moito valor para atopar ouro nestes malos tempos para a indústria do cinema e a Warner Bros finalmente demostrou non te-lo aquí. Peter Jackson tivo sorte de que Bob Shaye dirixira a New Line cando estivo a punto de perder a súa derradeira oportunidade de facer O Señor dos Anéis. Se estivera a tentar facer ese filme hoxe, dubido que Jackson fora capaz de convencer á Warner Bros de dicir que si a unha franquía de mil millóns de dólares“.