Tres mozas para o Capitán América

670

Anna Kendrick, Imogen Poots e mais Felicity Jones son as tres candidatas finais para se facer co papel de protagonista feminina na vindeira secuela do filme de superheroes Captain America: The Winter Soldier.

Joe e Anthony Russo dirixirán esta continuación das aventuras do capitán América, na que regresará Bucky Barnes, a quen todos coidaban morto, pero esta vez baixo a forma do supervilán Winter Soldier. Anthony Mackie uniu-se ao reparto tamén, probábelmente para ser o Falcón.

De entre as candidatas, Kendrick é a millor coñecida grazas aos seus papéis en filmes coma Up in the Air, Scott Pilgrim vs. the World, 50/50 e Twilight.

Poots está a se facer un nome moi rápido grazas á súa aparición en filmes coma Fright Night, 28 Weeks Later e V for Vendetta e Felicity Jones gañou un prémio espcial do Xurado no festival de Sundance o ano pasado por Like Crazy. Tamén participou en filmes coma Hysteria, The Tempest e Cemetery Junction.

Os detalles de en que consistirá o papel polo de agora non se dero na coñecer, se ben sospéita-se que podería ser o de Sharon, a neta de Peggy Carter.