James Gunn dirixe aos Gardiáns da Galáxia

692

James Gunn (Slither, Super) é nestes intres o candidato millor colocado para se facer coa cadeira de director da vindeira película de superheroes Guardians of the Galaxy para a Marvel Studios.

Seica os xefes da Marvel están a manter conversas con Gunn con exclusividade, tentando que asine o contrato após dunha longa procura, pero hai outros aspirantes coma Peyton Reed e mais a parella Ryan Fleck/Anna Boden que ainda que foron considerados no pasado poderían ter unha segunda oportunidade se Gunn non acepta.

O mesmo ca Joss Whedon, Gunn pode misturar doadamente comédia, acción e terror. Chris McCoy está polo de agora re-escribindo o guión do filme, baseándo-se na anterior versión realizada por Nicole Perlman.

Algúns médios deron a coñecer unha sinopse do argumento do filme, que iría sobre un piloto das Frozas Aéreas dos Estados Unidos que “remata no espazo no médio dun conflito universal e debe fuxir xunto a ex-convito futuristas que teñen algo que todo o mundo quere“.