O director de Anchorman, Adam McKay, ven de revelar que a adaptación ao cinema do cómic The Boys, até agora considerado coma proxecto morto, podería ter unha segunda oportunidade.
McKay, que ficou vencellado ao proxecto no pasado mes de marzo, enviou unha mensaxe ao seu Twitter afirmando que a Paramount viña de se facer cos dereitos sobre a propriedade. Nombergantes, ese tweet foi borrado ás poucas horas.
O cómic vai sobre as aventuras dun grupo da CIA, coñecido informalmente coma “os rapaces” e cuxo traballo é manter a raia a proliferación de superheroes e se é necesário, intimida-los e mesmo elimina-los.
A versión para a pantalla grande deste cómic leva en desenvolvemento dende 2009 e a última compañía interesada fora a Sony, se ben o proxecto tal e coma estaba concebido (cun orzamento de 100 millóns de dólares, calificada para maiores de 18 e sen heroes bós polo médio) semellaba demasiado arriscada para estes intres de incertidume económica.
Seth Rogen, Matt Manfredi e Phil Hay son os guionistas que traballaran anteriormente neste proxecto.